Monday 29 de April de 2024

Aberto o prazo de inscrición no Programa de Voluntariado Xuvenil de Protección Civil da Laracha


O obxectivo é promover a participación social da mocidade.

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha organizará un novo programa de voluntariado xuvenil que se vai realizar neste verán. Poden participar mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. A inscrición estará aberta ata o 5 de xullo e debe formalizarse no Concello.

Esta iniciativa ponse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O propósito final é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios. As actividades a realizar estarán relacionadas con contidos formativos, deportivos e de sensibilización ambiental, entre outros.

Programa municipal
O Concello realizará neste verán outro programa de similares características ao que organiza Protección Civil e que tamén vai dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos de idade.
As persoas interesadas en participar aínda poden formalizar a súa inscrición no Concello.